O Instituto José Cornide constituíuse o 6 de abril de 1964 mediante un padroado, presidido sempre pola Alcaldía, que nomeou unha Xunta de Goberno e os primeiros membros numerarios. Un decreto da Alcaldía do 8 de xullo do mesmo ano integrouno dentro da súa estrutura municipal, onde continúa hoxe. Nunha solemne sesión académica realizada no salón de sesións do palacio municipal de María Pita o día 10 de febreiro de 1965, foron inauguradas as tarefas do instituto co primeiro dos discursos de ingreso do membro de número Carlos Martínez Barbeito que levou por título "Evocación de José Cornide". Nos anos posteriores fóronse incorporando ao instituto numerosos novos membros numerarios e colaboradores.
O instituto, que no seu nome homenaxea o destacado ilustrado e polígrafo coruñés do século XVIII José Cornide Saavedra, ten como obxectivos a investigación, o estudo e a divulgación da realidade sociocultural e científica da cidade da Coruña, da súa zona de influencia e de Galicia. Canaliza a actividade cultural das persoas interesadas no pasado, presente e futuro da cidade. Así, na primeira sesión da Xunta de Goberno, o alcalde indicaba que o novo instituto se dedicaría ao «engrandecemento e progreso da Coruña á vez que sexa un celoso conservador das nosas tradicións».
Bilbioteca e arquivo
O Instituto José Cornide está dividido en tres diferentes seccións: os fondos de Salvador de Madariaga, os fondos de Víctor López Seoane e os fondos procedentes doutras doazóns e de intercambios.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible