Espectáculo para a primeira infancia
Para público en general
28/02/2023
Ya ha finalizado
Desde el 24/02/2023 hasta el 28/02/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de ata 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
18.30 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
"Corochas", de Xarope Tulú, está interpretada pola actriz Atenea García.
Corochas, coscas ou cóxegas: sensación que experimentamos cando nos tocan algunhas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña...
Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares a onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.
Contos acumulativos, cancións e xogos de imitación. A actividade realizarase na aula 8 do Centro Ágora.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible