Espectáculo teatral para todos os públicos.
Para público en general
05/07/2023
Ya ha finalizado
Actividade sen inscrición previa.
Entrada libre e gratuíta ata encher a capacidade do auditorio.
21.00 h
90 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
Peza de teatro escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.
Premiada co María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, finalista a Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco)
No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che proporcione relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.
Programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible