Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de octubre de 2024

A Coruña das Letras: andainas guiadas por Xurxo Souto pola Coruña máis descoñecida

Andainas guiadas no outono por tres barrios da cidade coas letras como protagonistas

A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. 

O calendario será o seguinte:

- Sábado 19 de outubro, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 14)  "Monelos, capital do Concello de Oza", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

- Sábado 26 de outubro, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 21)  "San Roque de Fóra e Labañou", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

Sábado 9 de novembro, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 4)  "A agra e o cemiterio de Santo Amaro", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto e Emma Pedreira

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villalta", de Polo correo do vento, ás 17.00 h

    Cuándo:

    26/11/2024

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 22/11/2024 hasta el 26/11/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villalta", de Polo correo do vento, ás 18.30 h

    Cuándo:

    26/11/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 22/11/2024 hasta el 26/11/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión