Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
11/04/2023
Ya ha finalizado
Desde el 05/04/2023 hasta el 11/04/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de ata 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
As familias poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce de tradición oral ao arrolaren os seus e as súas bebés e trasmitírenlles desde o comezo o apego á nosa lingua, música e cultura. Melodías tradicionais coa voz de Faia Díaz e a guitarra de Guillerme Fernández para aprendermos entre todas e todos.
Tamén poderán asistir as familias que agardan un/unha bebé, que se teñen que poñer en contacto con nós previamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible