Conto e música en directo
Familias, Infancia, Para público en general
21/05/2024
Ya ha finalizado
Desde el 17/05/2024 hasta el 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
18.00 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
25 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Sesión de narración oral con música en directo na que coñecemos a unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun, van aparecendo cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. Contaránnolo e cantaránnolo. Conto e música en directo con Ángeles Goás e Cristina Castro.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible