Espectáculo para nenas e nenos de 0 a 3 anos
Familias, Infancia
28/12/2022
Ya ha finalizado
Desde el 26/12/2022 hasta el 28/12/2022
A inscrición comezará o luns 26 ás 10.00 h a través desta web.
A actividade está dirixida a crianzas de -3 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Pase das 17.00 h.
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
"Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na terra hai un carballo. No carballo hai un niño. No niño hai unha merla que choca tres ovos..."
"Derriba da lúa" é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres coma paxaros.
Unha proposta de lecer en familia de Rilo e Penadique (Culturactiva).
A actividade desenvolverase na aula 7 do Centro Ágora e haberá dous pases para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.
A cada pase poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible