Espectáculo recomendado para familias con nenas e nenos de +2 anos
Familias, Infancia
28/12/2022
Ya ha finalizado
19.00 horas
60 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Félix Rodríguez e a Fran Rei tráennos Saaabor!, unha proposta cómica, para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González. Un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Félix Rodríguez e Fran Rei, os nosos protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia. A gastroneta de Saaabor! chega á vila, un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Unha hora de humor nun espectáculo gastronómico onde teñen cabida tanto a música como a cociña en directo. Unha produción que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca.
Unha proposta de lecer en familia para familias da compañía Culturactiva SCG.
A actividade desenvolverase no auditorio do Centro Ágora, sen inscrición e con entrada libre ata completar a capacidade.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible