Espectáculo para a primeira infancia
Para público en general
09/05/2023
Ya ha finalizado
Desde el 05/05/2023 hasta el 09/05/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A feira máis pequena do mundo onde nada se vende e as sementes se trocan por un conto, unha canción ou unha adiviña. Monicreques con fabas, garavanzos e centeo.
Feira das sementes é a feira máis pequena do mundo. Mirari, unha vasca establecida en Galicia, percorre o país con ela. No seu postiño leva para trocar sementes das fabas de Tolosa, de trigo candeal e outros cereais. Ela dá pero tamén recolle. Nesta ocasión en troco dunhas sementes de roseira e de garavanzo, representará con marionetas os contos: "A proba da semente" e "Garavanciña e o esquío".
A actividade realizarase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible