Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de septiembre de 2023

Festa do Apego 2023

Non perdas o vindeiro venres 22 de setembro a Festa do Apego!

As familias con crianzas teñen unha cita ao volver das vacacións do verán. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a Festa do Apego, que se celebrará o vindeiro venres 22 de setembro ás 17.00 h nos Xardíns de Méndez Núñez (entre a estatua de Curros Enríquez e o Palco da Música.

O Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua.

A asistencia será gratuíta e sen necesidade de inscrición. Estaremos a cuberto baixo unha carpa!!

Haberá dúas actuacións musicais:

  • Ás 17.00 h, concerto de "Gatuxo", de Magín Blanco (duración aprox. 40 min)
  • A continuación, concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona 

Teremos un espazo de información do Programa Apego. Agardámosvos!

Magín Blanco coa súa banda ofreceranos a actuación musical do espectáculo "Gatuxo". A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que a rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, unha metáfora do crecemento da crianza. O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.

Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos e dálles o seu toque particular, desde A Carolina "rapeada" ata O Ghato "rockeiro"... e dutros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia ou o tango. Todos eles moi dinámicos, facendo que todas e todos os nenos presentes sexan partícipes deste "des-concerto", cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!

Dirección:

Jardines de Méndez Núñez. Jardines de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión