Obradoiro creativo
Familias, Infancia, Para público en general
09/04/2024
Ya ha finalizado
Desde el 05/04/2024 hasta el 09/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
17.00 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
15 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A ilustradora Laura Romero introduciranos nesta temática cun conto sobre a pandeireta (como naceu, por qué é tan especial aínda sendo tan pequena) e outros instrumentos tradicionais. Continuaremos cunha parte práctica, de xogo, que consiste na creación dunha personaxe combinando distintos elementos (ferreñas, adornos...) e formas xeométricas básicas características aos instrumentos.
Coñeceremos de preto instrumentos, nomes, materiais, historia...
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible