Un paseo pola poética da memoria e da casa baleira e abandonada e que fica no silencio da ruína, desde o audiovisual ao literario, coa mirada diversa e complementaria destes creadores
Maiores de 16 anos
Para público en general
Desde el 01/04/2021 hasta el 01/05/2021
Ya ha finalizado
Desde el 01/04/2021 hasta el 01/05/2021
50 min. aprox.
Contidos gravados. Paseo virtual por mor da pandemia
Normalización Lingüística do Centro Ágora
Teléfono: 981 184 200 exts.: 34333 e 34321
O éxodo, a ruína
Audiovisual e poesía, urbanismo e historias, música e pasos no asfalto xúntanse para que a escritora Emma Pedreira e o realizador audiovisual e músico X.A. Bocixa nos leven por dous mundos afastados pero que corren o mesmo perigo: a ruína e o abandono.
Desde barrios en pleno esmorecemento como o vello Orzán, Visma ou Peruleiro ata o rural espoliado das Encrobas, as casas abandonadas, o deterioro, o vandalismo, o rural destruído pola maquinaria do suposto progreso, vaise apoiando nas voces de poetas de todas as xeracións como Rosalía de Castro, Pilar Pallarés, Míriam Ferradáns, Luz Pichel, Quico, Fran Alonso.
Non só hai unha intención crítica neste paseo pola cara fea da cidade e do campo, senón ansia de atopar beleza na ruína e unha razón de procurar a historia que levou as xentes cara o éxodo e a desmemoria.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible