Espectáculo teatral para a primeira infancia
Infancia, Familias
Desde el 13/03/2024 hasta el 14/03/2024
Ya ha finalizado
Desde el 08/03/2024 hasta el 13/03/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Dous días con dous pases cada día: 17.00 e 18.30 horas
60 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A compañía teatral Baobab Teatro tráenos en Pum, pum!, abordada con sutileza e delicadeza, unha temática preocupante, os abusos sexuais na infancia, un tema tabú para a sociedade que convive no noso día a día e ten unhas estatísticas alarmantes.
Seleccionado para os XXII Premios de Teatro María Casares, é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan ás crianzas, pero tamén fala dunha mensaxe moi clara, dende moi pequenos/as teñen que saber que ninguén os/as pode obrigar a facer cousas que non queren. Moito simbolismo nesta peza cuxo guión ofrece dúas lecturas diferentes: para maiores e peques.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora durante dous días con dous pases cada día:
Mércores 13 de marzo:
Xoves 14 de marzo:
Hai que se inscribir previamente na data e horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible