Espectáculo teatral para a primeira infancia
Familias, Infancia, Para público en general
14/11/2023
Ya ha finalizado
Desde el 10/11/2023 hasta el 14/11/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas ata os 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade. Non se poderá entrar á actividade no auditorio unha vez que empece a función.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Unha viaxe a través da música en directo, do teatro, dos xogos e enredos tradicionais da man dun trasno que nace do amor da Lúa e o Sol.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible