Espectáculo de narración oral e música en directo.
Infancia, Familias, Para público en general
05/09/2023
Ya ha finalizado
Desde el 01/09/2023 hasta el 05/09/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de ata 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
18.30 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Espectáculo de narración oral e música en directo. Xogar, contar e cantar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ata caer de cu polo burato!
A narradora oral Vero Rilo canta e conta mentres que, ao acordeón e á voz, Sonsoles Penadique achégalle música e ritmo a esta contada familiar e sorprendente.
A actividade desenvolverase na aula 8.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible