Contos narrados e exposición de libros
Familias, Infancia, Para público en general
26/03/2024
Ya ha finalizado
Desde el 22/03/2024 hasta el 26/03/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
17.00 horas
45 + 30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
25 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Sesión de narración oral con música en directo na que se darán unhas pinceladas que poden axudar ao fomento da lectura en familia, coñecendo libros e autores/as esenciais, temáticas típicas e atípicas (pero necesarias), estilos diferentes, libros de divulgación, libros-xogo...
Finalizarase cunha exposición de libros que levará á conversa, ás inquedanzas e ás experiencias compartidas.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible