23 de marzo de 2023
Proxección do documental e coloquio posterior
O xoves 23 de marzo ás 20.30 h no auditorio do Centro Ágora teremos a presentación do documental "Cardoña. Fotos a 7 pesetas", a cargo do seu director, Carlos Lorenzo. Presentarase tamén o equipo e participantes na película e haberá un coloquio posterior co público.
"Cardoña. Fotos a 7 pesetas" é unha curtametraxe documental de 30 minutos de duración que aborda a historia do fotógrafo galego José Gestal, ao que todo o mundo coñecía como Cardoña. Esta película créase para poñer en valor os fotógrafos populares que facían o seu traballo polas vilas e aldeas galegas no século XX. O filme percorre a traxectoria de Cardoña e incide na dureza do seu traballo, tendo en conta que perdera a vista dun ollo e algúns dedos dunha man, o papel que xogaba no negocio a súa dona María, o valor dos arquivos de imaxes tiradas por fotógrafos entre os anos 40 e 70 do século XX e a necesidade de conservar ese patrimonio. Interveñen no documental Matilde Gestal (filla de Cardoña), os fotógrafos Xurxo Lobato e Xoán Piñón, o fotohistoriador Carlos Castelao e o investigador e fotógrafo Manuel Sendón.
A actividade está dirixida ao público en xeral. A entrada será libre ata completar a capacidade do auditorio do centro.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible