Actividade teatral para a primeira infancia
Familias, Infancia
19/03/2024
Ya ha finalizado
Desde el 15/03/2024 hasta el 19/03/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
30 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha choiva de pompas quítalles ao Elefante Ante e á Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda, de devolverlles as cores aos seus amiguiños? A través de diferentes elementos sensoriais, Leo axudaranos a coñecer e gozar das cores.
Un espectáculo para as e os máis peques da casa, que gozará toda a familia.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible