Espectáculo para a primeira infancia
Para público en general
07/06/2023
Ya ha finalizado
Desde el 02/06/2023 hasta el 07/06/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A natureza esperta para encherse de cores. Atoparemos agocho e cantaremos para sermos parte da paisaxe na que a choiva é importante para que todo medre.
As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta. Ao amparo dos paraugas e acompañados/as de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Diversión e aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza.
A actividade realizarase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible