Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas
Maiores de 16 anos
Para público en general
27/04/2024
Ya ha finalizado
Desde el 22/04/2024 hasta el 26/04/2024
As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).
11.30 horas
1.30 h aprox.
A Coruña
55
De balde e con inscrición previa
É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.
Normalización Lingüística do Concello da Coruña
A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.
Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis descoñecida da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto).
Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. Esta primavera tamén se afondará na obra da escritora coruñesa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.
O calendario será o seguinte: sábado 27 de abril, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 22) "O ascenso á Pena da Vixía. Ruta por Monte Alto"
INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:
- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.
- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.
Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades
26/11/2024
17.00 horas
Desde el 22/11/2024 hasta el 26/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
26/11/2024
18.30 horas
Desde el 22/11/2024 hasta el 26/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible