Contos, música e teatro
Familias, Infancia
02/04/2024
Ya ha finalizado
Desde el 29/03/2024 hasta el 02/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Espectáculo no que se combinan a narración oral, a música e o teatro co obxectivo principal de animar os cativos e as cativas, e as familias en xeral, a gozar da lectura e a convertela nun hábito. Trátanse temas como as emocións, as relacións familiares, o compañeirismo, o consumismo, a importancia da imaxinación etc.
Cóntase a historia dunha nena que ten que quedar soa na casa facendo os deberes, por culpa dun imprevisto que lle xurdiu á familia, e para non se aburrir decide investigar nun baúl. A aventura está asegurada.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible