Espectáculo para a primeira infancia
Para público en general
28/04/2023
Ya ha finalizado
Desde el 21/04/2023 hasta el 28/04/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
17.00 horas
60 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
25 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Fábula sobre iniciación á astronomía de observación, o ceo nocturno, as estrelas... Lectura do libro, proxección e obradoiro de colaxe con Mariaxe Colaxe.
Actividade baseada no conto O universo de dona Pega, traducido e editado por Estíbaliz Espinosa e ilustrado por Mariaxe Colaxe, que fora escrito para escolares polo mestre e técnico do planetario da Casa das Ciencias da Coruña Juan Carlos Medal, Jaítos, coa finalidade de servir de fábula sobre o ceo nocturno e as estrelas máis brillantes.
A actividade realizarase na aula 9 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible