Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Paseo pola Coruña Literaria con Manel Cráneo

Recuperamos as camiñadas presenciais pola nosa cidade da man de escritoras e escritores.

¿A quién va dirigido?:

Maiores de 16 anos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

14/05/2022

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 09/05/2022 hasta el 13/05/2022

Horario:

12.00 h

Duración:

1.30 h

Número de plazas:

55

Precio:

De balde con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición, que se abrirá o luns 9 de maio a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Contacto:

Normalización Lingüística

Concello da Coruña

Centro Ágora, lugar da Gramela, 17, 15010, A Coruña

Tel.: 981 184 200, exts. 34311 (Diego), 34310 (Xulia), 34321 (Manuel) e 34333 (Emma)

lingua@coruna.galinscricionslingua@coruna.gal

https://www.coruna.gal/lingua/gl 

https://www.facebook.com/normalizacioncoruna/ 

Paseo con Manel Cráneo: "A Coruña, capital da banda deseñada galega"

A Coruña é a cidade galega coa máis intensa actividade arredor da banda deseñada. Nela naceu un dos pioneiros da banda deseñada en lingua galega da década dos 70 do século XX, Reimundo Patiño, xurdiron iniciativas pioneiras como as Xornadas de cómic que se realizaban no Fórum Metropolitano a primeiros dos 90, en 1997 créase o festival "Viñetas desde o Atlántico" e nesa mesma década, a cidade foi tamén pioneira no ámbito das librarías especializadas. As iniciativas de autoedición nos anos 2000 derivaron a creación de selos como Polaqia e posteriormente a primeira editora especializada en banda deseñada, Demo Editorial, selo que en 2015 crea a plataforma Coruña Gráfica para potenciar e dinamizar o panorama autoral local.

Manel Cráneo é un artista multimedia de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Como autor de cómic, centos de páxinas súas teñen aparecido en publicacións como BD Banda, Barsowia, Os Rústicos da Guadaña, Bravú, Viralatas ou Golfiño. Colaborou en volumes colectivos. Publicou os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006, con guión de Kike Benlloch), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009, reeditado en 2012), Cousas de mortos (Demo Editorial, 2012), A Fraga Milmañas (Demo Editorial, 2013, con guión de Carlos Amil) e Destino Hërgüss (Demo Editorial, 2015, dentro do universo do Planeta Mincha). A súa BD Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe, e foi producido tamén un capítulo piloto de serie de animación baseado no universo de Planeta Mincha. A súa obra expúxose en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida e obra de García Lorca (Granada, 1998).

Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) durarán arredor dunha hora e media e precisarase a inscrición previa. 

As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos, ata que se esgoten as prazas. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión