Narración e música en directo
Familias, Infancia, Para público en general
12/11/2024
Ya ha finalizado
Desde el 08/11/2024 hasta el 12/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
17.00 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
25 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Ano 2735. Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, contos, música... terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: "Peliquiña Meee, por aquí non é!, tampouco, entón... onde?" Este retrouso levaranos cara á solución dun mundo sen diversión.
Pelica de burra é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo acompañada do músico Luis Iglesias. Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que se achega nesta nova proposta.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible