Espectáculo teatral para a primeira infancia
Familias, Infancia, Para público en general
13/12/2023
Ya ha finalizado
13/12/2023
Esta actividade tivo que ser aprazada por problemas técnicos no auditorio en setembro. As inscricións daquel día serven igualmente para esta nova data. Se alguén confirma que o mércores 13 de decembro non pode asistir, abriranse esas prazas a unha nova inscrición.
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso ao auditorio unha vez comezado o espectáculo.
18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A compañía teatral Baobab Teatro tráenos en "Pum, pum!", abordada con sutileza e delicadeza, unha temática preocupante, os abusos sexuais na infancia, un tema tabú para a sociedade que convive no noso día a día e ten unhas estatísticas alarmantes.
Seleccionado para os XXII Premios de Teatro María Casares, é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan ás crianzas, pero tamén fala dunha mensaxe moi clara, dende moi pequenos/as teñen que saber que ninguén os/as pode obrigar a facer cousas que non queren. Moito simbolismo nesta peza cuxo guión ofrece dúas lecturas diferentes: para maiores e peques.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible