APRAZADO por enfermidade da actriz! Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia, Para público en general
12/12/2023
Ya ha finalizado
Esta actividade tivo que ser aprazada en novembro por enfermidade da actriz. As inscricións daquel día serven igualmente para esta nova data. Se alguén confirma que o martes 12 de decembro non pode asistir, abriranse esas prazas a unha nova inscrición.
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas ata 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade. Non se poderá entrar á actividade no auditorio unha vez que empece a función.
18.30 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Unha historia fantástica sobre os zapatos que non teñen dono e xa ninguén usa, de todos os tamaños e cores. Unha posta en escena sinxela pero moi visual e de aprendizaxe para toda a familia.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible