Ocio e tempo libre saudable para a mocidade
Nocturnia é o programa de lecer saudable, para mozas e mozos de 12 a 30 anos, que ofrece a área de Benestar Social a través do departamento municipal de Mocidade e que conta co financiamento do Ministerio de Sanidade a través do Plan Nacional sobre Drogas.
É un programa que concibe un novo uso do chamado tempo libre, entendido como unha vivencia gratuíta, libre e enriquecedora.
A realización do programa distribúese ao longo do ano en dúas edicións deixando entre elas espazos para o deseño, planificación, debate e avaliación de cada edición.
1ª Edición: de febreiro/marzo a xullo
2ª Edición: de outubro a decembro
Queres saber máis?
Entra en cada apartado da web e descubre o programa e todo o que podes facer en Nocturnia :)
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible