BEATRIZ ALBADALEJO + BY MONTY ►
Para público en xeral
Dende o 23/03/2018 ata o 05/04/2018
Xa rematou
- De martes a sábado: de 11:00 h a 13:30 h e de 18:00 h a 20:00 h;
- Domingo e festivos de 12:00 h a 14:00 h;
- Pechado o luns.
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome presenta a exposición de arte plástica "Sororidad" onde se mostra a obra das dúas pintoras coruñesas Beatriz Albadalejo e By Monty.
A mostra de arte entra dentro do proxecto 1+1Play Artistas en Microresidencia.
Inauguramos a expo o venres 23 de marzo na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña ás 19.30 h. A expo estará aberta ao público ata o 5 de abril 2018 durante o horario de apertura do museo.
"Sororidad" é o resultado dun proceso espontáneo e á vez serio e responsable. Consecuencia do reflexo dunha sociedade machista que discrimina a figura da muller nunha multitude de realidades e casos. Unha exposición co seu contido reivindicativo, pero fresca e sorprendente no seu aspecto máis artístico. As pinceladas de Beatriz compleméntanse e enriquécense coas de Monty e viceversa. Dúas mulleres, dous mundos, dúas miradas que se unen e mesturan co obxectivo de dar unha mensaxe clara e de loita. Unha mensaxe evidente fronte a unha sociedade onde aínda son moitos e grandes os pasos que hai que dar para chegar a unha xusta e verdadeira igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Unha mostra para recalcar a arte como ferramenta útil e básica para concienciar a comunidade fronte aos terribles problemas que vivimos e educar co fin de mellorarnos e mellorar a humanidade en xeral.
Invitadas ao acto de apertura tres mulleres que empeñan o seu traballo na mesma traxectoria da expo e que nos axudarán a internarnos no tema dunha forma máis íntima e exhaustiva. Adriana Cortés e Amparo Iglesias charlarán sobre a "Bendición do útero" e Cristina López Villar sobre as actividades desenvolvidas en Implicadas no desenvolvemento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible