Concello da Coruña

Concello da Coruña

BDEPOIND

Bolsas deportivas para deportistas individuais.

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Deporte

Órgano responsable:

Deportes

Vixente:

No

Convocatoria específica de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.

O Concello da Coruña, dentro das súas competencias de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos etc, considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais que teñan o carácter de bolsas. En concreto, estas bolsas convócanse para apoiar a deportistas individuais coruñeses e coruñesas, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña. Con estas bolsas preténdense apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.

Bolsas deportivas para deportistas individuais 2021

Inscricións:

Dende o 17/03/2021 ata o 05/04/2021

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas que desexen ser beneficiarios dalgunha modalidade de bolsa deportiva para deportistas individuais.

Requisitos:

  • Poderán ser beneficiarios das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federados, de calquera categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual, empadroados no Concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2 anos anteriores ao ano en que se realice a solicitude

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Deportes.

Máis información:

Tipos de bolsas deportivas:

  1. Bolsas destinadas a participar nos próximos Xogos Olímpicos: 3 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha.
  2. Bolsas destinadas a participar nos próximos Xogos Paraolímpicos: 3 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha.
  3. Bolsas destinadas a participar en Campionatos do Mundo: 5 bolsas cun importe de 3.500 euros cada unha.
  4. Bolsas destinadas a participar en Campionatos de Europa: 6 bolsas cun importe de 2.500 euros cada unha.
  5. Bolsas destinadas a participar en Campionatos de España: 15 bolsas cun importe de 1.500 euros cada unha.
  6. Bolsas destinadas a participar en Campionatos Autonómicos: 10 bolsas cun importe de 500 euros cada unha.

O importe global das subvencións obxecto da convocatoria é de 90.000,00 €, a repartir entrre as seis modalidades de bolsa de acordo cos importes establecidos.

Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, de acordo co establecido na Base 6.1, indicando de modo claro o tipo de bolsa e a modalidade deportiva para a que solicita dita axuda. Por tanto, só poderá solicitarse e concederse unha única bolsa por persoa.

Presentación

Prazo de presentación:

A documentación xustificativa da bolsa deportiva deberá presentarse ante o Concello da Coruña, Concellería de Deportes, unha vez alcanzados os obxectivos anuais establecidos no proxecto, e en todo caso, antes do 31 de xaneiro de 2022.

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica debidamente cuberta
  • Licenza federativa vixente: Copia compulsada da licenza federativa vixente expedida pola Federación Deportiva correspondente acreditativa da modalidade deportiva para a que solicita subvención, así como das licenzas federativas das dúas tempadas anteriores.
  • Certificado resultados deportivos: Certificado federativo acreditativo dos resultados deportivos obtidos durante o ano 2020 así como nos dous anos anteriores.
  • Certificado non cumprimento sanciones: Certificado acreditativo da Federación deportiva correspondente no que se acredite que o solicitante non está a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • Proxecto deportivo: Proxecto deportivo para a tempada 2021, con mención expresa e obrigatoria das probas, campionatos e fases clasificatorias nas que a persoa deportista ten previsto participar durante o ano 2021. O proxecto deportivo deberá incluír ademais un plan completo de adestramentos.
  • Empadroamento: Certificado de empadroamento.
  • DNI: DNI da persoa deportista, ou do seu representante legal, en caso de ser menor de idade.
  • Certificación bancaria: Certificación dos datos bancarios de/ao beneficiario/a de a subvención (orixinal expedido pola entidade bancaria)
  • Certificado Seguridade Social: Certificado de non débedas coa Seguridade Social
  • Certificado Axencia Tributaria: Certificado de non débedas coa Axencia Tributaria
  • Certificado Tesourería Municipal: Certificado de non débedas coa Tesourería Municipal

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado: "Documentación necesaria".

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a suvbención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1142

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou a presentación de documentos interromperá o citado prazo.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

ACTUALIZACIÓN:

Publicado no BOP de 29 de abril o requirimento para a corrección das solicitudes presentadas:

Consultar aquí.

O prazo de presentación de correccións é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, é dicir, do 30 de abril ao 13 de maio de 2021, ambos inclusive.

En caso de optar pola corrección telemática, deberá facerse mediante o trámite de Achega de documentación dispoñible nesta sede.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión