Concello da Coruña

Concello da Coruña

Como darse de alta no Servizo Municipal de Canguros

A quen vai dirixido?:

  • Unidades familiares con necesidades de conciliación asociadas á organización da vida persoal e laboral
  • Menores de idades comprendidas entre os 4 meses e os 12 anos.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

1.- Cubrir e presentar en calquera dos rexistros municipais (é necesario solicitar cita previa) ou na Sede electrónica Municipal:

  • Un impreso de solicitude no que se especifique expresamente calquera das modalidades do Servizo Municipal de Canguraje:
    • Espazos de atención á infancia e ludotecas coeducativas.
    • Atención á infancia a domicilio.

No mesmo impreso deberán de sinalarse expresamente a motivación (persoal ou laboral) da solicitude.

Nesta solicitude, será obrigatorio facilitar os teléfonos de contacto e/ou dirección de correo electrónico para os efectos das comunicacións posteriores.

Será preciso presentar esta solicitude de alta cun mínimo de quince días antes da data para a que se pretenda facer uso de calquera das modalidades do servizo.

  • Libro de familia e/ou partida de nacemento dos/das menores.
  • Documento de identidade en vigor (DNI, NIE, etc.) de todas aquelas persoas que ostenten a representación legal dos/as menores (pais, nais, titores e titoras legais etc.)
  • Cartón sanitario dos/das menores.
  • En casos de separación ou divorcio, resolución xudicial ou administrativa, e medidas paterno-filiais, no seu caso.
  • En caso de ser necesarios, informes médicos dos/das menores.
  • Xustificante de ingresos da unidade familiar (nóminas, certificado de prestacións, xustificante ou último pago de autónomos etc)
  • Contrato de traballo das persoas solicitantes
  • Xustificante asinado pola empresa ao respecto do horario de traballo da persoa solicitante
  • Certificado de vida laboral

2.- O equipo do Servizo Municipal de Canguraje contactará por calquera dos medios facilitados na solicitude coa persoa da unidade familiar designada para programar unha entrevista persoal co fin de dar de alta as diferentes modalidades do servizo, baseándose na solicitude presentada.

Neste primeiro contacto indicarase calquera outro tipo de documentación adicional que podería ser solicitada segundo a modalidade solicitada.

3.- Finalizada esta entrevista persoal, asinaranse as autorizacións obrigatorias de acceso e permanencia no Servizo Municipal de Canguraje, que inclúen o tratamento de datos e/ou autorización de consulta de datos á Axencia Estatal Tributaria.

4.- Para reserva de praza e uso do servizo, unha vez realizada o alta para calquera das modalidades, será suficiente a realización dunha chamada ao teléfono 981 18 43 56 ó 673 13 23 72 ou envío dun correo electrónico ao Servizo de Canguraje.

Internet

Teléfono

Documentos relacionados

  • impreso de solicitude (106 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión