PIOP
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Suxerencias, queixas, denuncias e información aos cidadáns
Seguridade, Sector público
Policía Local, Extinción de Incendios, Salvamento e Protección Civil
Si
Obxectos perdidos NON DOCUMENTADOS que son entregados á Policía Local da Coruña, publicaranse na web do concello durante un mínimo de quince días, onde poderán ser consultados por calquera cidadá ou cidadán.
Mediante este servizo electrónico permítese solicitar a consulta dos obxectos perdidos publicados no servizo electrónico, salvo a limitación pola súa permanencia temporal na web, que é de quince días.
Información sobre obxectos perdidos
Persoas físicas, interesado principal ou representantes que desexen solicitar información sobre obxectos perdidos á Oficina de Obxectos Perdidos da Policía Local da Coruña.
Ningún.
Titular da Dirección da Área de Seguridade Cidadá
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Consultar o apartado "Documentación necesaria".
Nas oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén o poderá descargar dende esta páxina.
Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
As persoas que comuniquen un extravío no servizo electrónico serán avisadas nun máximo de 10 días dende a recepción do achado, sempre que consten os seus datos de contacto telemáticos: correo electrónico, teléfono, fax etc. En caso contrario, serán informadas por medio do correo ordinario.
Desestimatorio
Recursos posibles:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible