Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2024

Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor, convocatoria 2024/2025

O prazo para presentar a documentación requirida é do 25 de xuño ao 8 de xullo, ambos incluídos.

Hoxe publícanse no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2024/2025:

  • Publicación da listaxe de solicitudes presentadas.
  • Publicación da listaxe de corrección de documentación.

Na primeira listaxe de solicitudes presentadas, as solicitudes publícanse segundo o código do asento e por orde alfabética.

A segunda lista, listaxe de corrección de documentación, publícase ordenada segundo o número de expediente.

O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do Rexistro.

Se a solicitude presentouse no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en Mesoiro ou María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.

LISTAXE DE SOLICITUDES PRESENTADAS

A efectos informativos publícase unha listaxe coa totalidade das solicitudes presentadas á convocatoria de bolsas municipais para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2024/2025.

Esta listaxe pode consultarse ao final desta noticia, descargando o documento "Listaxe de solicitudes presentadas BC 2024/2025".

LISTAXE DE CORRECCIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Esta listaxe pode consultarse ao final desta noticia, descargando o documento "Listaxe de corrección de documentación BC 2024/2025".

Só aparecen neste documento, as solicitudes presentadas que son obxecto de requirimento de corrección, identificadas polo código de asento da solicitude presentada no rexistro de entrada municipal.

Na columna ESTADO DA DOCUMENTACIÓN deste documento móstrase o estado da solicitude:

  • Documentación incompleta: Advírtese ás persoas solicitantes que constan na listaxe de requirimento de documentación e corrección de solicitudes por non achegar a documentación obrigatoria á que se refire o apartado 6 e 10 das bases reguladoras que, de non atender este requirimento teráselle por desistido da súa petición.
  • Só documentación complementaria: Requírese a presentación da documentación á que se refire o apartado 11 da convocatoria que, en caso de non atenderse ou non facerse adecuadamente, non serán obxecto de valoración no apartado correspondente.

A documentación poderase presentar:

  • Nas oficinas dos rexistros municipais, de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa.
  • Na sede electrónica municipal https://sede.coruna.gob.es/
  • Por calquera outro medio dos que permite o art. 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo para presentar a documentación requirida é do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2024.

Documentos:

Listaxe de solicitudes presentadas BC 2024/2025 (3 MB)

Listaxe de corrección de documentación BC 2024/2025 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión