SBDEPOIND
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Deporte, Sector público
Deportes
Si
Achega de documentación para a corrección de expedientes de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.
Corrección Bolsas deportivas para deportistas individuais 2024
Dende o 27/05/2024 ata o 07/06/2024
Solicitantes de bolsas deportivas para deportistas individuais 2024 aos que se lles requiriu documentación.
Este trámite debe utilizarse exclusivamente para emendar documentación que fose requirida na Listaxe de corrección da convocatoria de bolsas deportivas para deportistas individuais 2024.
Ningún.
Titular da Concellería Delegada de Deportes.
Tipos de bolsas deportivas:
1) Bolsas destinadas a participar en Xogos Olímpicos: 3 bolsas cun importe de 5.000,00 euros cada unha.
2) Bolsas destinadas a participar en Xogos Paraolímpicos: 3 bolsas cun importe de 5.000,00 euros cada unha.
3) Bolsas destinadas a participar en Campionatos do Mundo: 7 bolsas cun importe de 3.500,00 euros cada unha.
4) Bolsas destinadas a participar en Campionatos de Europa: 6 bolsas cun importe de 2.500,00 euros cada unha.
5) Bolsas destinadas a participar en Campionatos de España: 24 bolsas cun importe de 1.500,00 euros cada unha.
6) Bolsas destinadas a participar en Campionatos Autonómicos: 29 bolsas cun importe de 500,00 euros cada unha.
O importe global das axudas obxecto da presente convocatoria é de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00 €)
Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, de acordo co establecido na Base 6.1, indicando de modo claro o tipo de bolsa e a modalidade deportiva para a que solicita dita axuda. Por tanto, só poderá solicitarse e concederse unha única bolsa por persoa.
Normativas relacionadas
Desde o 27/05/2024 ata o 07/06/2024 (BOP número 200 do venres, 24 de maio de 2024).
Deberá presentarse aquela documentación que para cada solicitante requiriuse na Listaxe de Corrección da convocatoria de bolsas deportivas para deportistas individuais 2024
NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2202
Unha vez cuberto o formulario web ao que se accede con este botón, lembre ter preparada no seu equipo a documentación específica que se lle requiriu.
Desestimatorio
Unha vez finalizado o prazo de corrección, a mesa de valoración examinará a documentación presentada, aplicará o baremo establecido na convocatoria e realizará un informe co resultado da valoración.
Este informe servirá de base para redactar unha proposta de resolución provisional, que se publicará no taboleiro de anuncios municipal
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible