Concello da Coruña

Concello da Coruña

SDAV

Subvencións dinamización asociacións veciñais

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Poboación e comunidades

Órgano responsable:

Participación Cidadá

Vixente:

Si

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ás asociacións veciñais destinadas a apoiar o funcionamento e a dinamización de actividades de interese social, cívico e cultural do Concello da Coruña.

A finalidade das subvencións é apoiar economicamente os gastos de funcionamento e a realización de programas, proxectos e actividades de interese cívico, social ou cultural das asociacións veciñais do concello da Coruña, xa realizados ou por realizar, durante o exercicio económico da convocatoria (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Establécense dúas liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:

Liña 1: Gastos de funcionamento

É obxecto desta liña outorgar subvencións para apoiar economicamente os gastos de funcionamento das asociacións veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión ou noutras condicións de uso gratuítas durante o presente ano (no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Liña 2: Apoio de programas, proxectos e/ou actividades

É obxecto desta liña outorgar subvencións para apoiar os programas, proxectos e/ou actividades de interese cívico, social ou cultural que realicen as asociacións do concello da Coruña durante este ano (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Subvencións dinamización asociacións veciñais 2022

Inscricións:

Dende o 11/02/2022 ata o 10/03/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Asociacións e Federacións Veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC).

Requisitos:

  • Estar inscrita no REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña. , na categoría de asociacións veciñais.
  • As dúas liñas de actuación son compatibles.
  • Non poderán optar á liña 1 aquelas entidades que perciban unha axuda directa por parte do Concello da Coruña no mesmo exercicio ao que corresponde esta convocatoria, que teña como finalidade o financiamento dos gastos para o mantemento da entidade incluídos na base 7.1.1.
  • O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria é de 60.000 euros. Este crédito orzamentario é o límite do importe das subvencións que se poidan conceder. O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 100% do total deste, e no seu caso, o límite do crédito dispoñible

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Presentación

Prazo de presentación:

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (do 11 de febreiro ao 10 de marzo, ambos inclusive).

Documentación necesaria:

  • Instancia de solicitude: Solicitude, cumprimentando as declaracións e autorizacións que figuran no propio modelo.
  • Certificación acreditativa dos cargos representativos.
  • Orzamento de ingresos e gastos.
  • Memoria de experiencia e capacidade (unicamente para a liña 1).
  • Memoria da actividade (unicamente para a liña 2).
  • Outra documentación pertinente para unha mellor valoración da solicitude (memoria complementaria de 6 folios como máximo).
  • Certificación dos datos bancarios da entidade solicitante. Na indicación da conta bancaria na que facer o ingreso, no caso de modificación da conta bancaria utilizada en convocatoria anteriores, será necesario cubrir e achegar o documento denominado "Alta ou modificación de datos de terceiros", dispoñible nos apartado Documentos relacionados. Devandito documento deberá ser selado pola entidade bancaria.

Documentos relacionados

  • Modelo 091 - Solicitude específica - Dinamización Asociacións Veciñais. (103 KB)
  • Anexo 2-S - Certificación acreditativa dos cargos representativos. (104 KB)
  • Anexo 3-S - Memoria Actividade. (49 KB)
  • Anexo 4-S - Presuposto de ingresos e gastos. (105 KB)
  • Anexo 5-S - Memoria de experiencia e capacidade. (463 KB)
  • Anexo 1-X - Xustificación. (95 KB)
  • Anexo 2-X - Memoria da actividade realizada. (79 KB)
  • Anexo 3-X - Balance e desviacións. (52 KB)
  • Anexo 4-X - Relación detallada de gastos. (60 KB)
  • Solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros (93 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado electrónico recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

6 meses a partir da finalización do prazo de presentación das solicitudes.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión