Concello da Coruña

Concello da Coruña

SUBENTDEP

Subvencións para entidades deportivas

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Deporte

Órgano responsable:

Deportes

Vixente:

Si

Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para entidades sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña

Subvencións para entidades deportivas 2023

Inscricións:

Dende o 30/11/2022 ata o 19/12/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

  • Entidades deportivas sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas para os 5 tipos de actividades da convocatoria.
  • Entidades sociais e/ou de carácter asistencial sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña para actividades do tipo 2.
  • Entidades sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña que teñan por obxecto social algunha das actividades do tipo 4.

Requisitos:

Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta provisional de concesión da subvención, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, os seguintes:

  1. Que carezan de fins de lucro e que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención. O cumprimento deste requisito esixirá en todo caso estar constituído de conformidade coa normativa vixente e debidamente inscritos no correspondente Rexistro Administrativo.
  2. Que a actividade ou proxecto para a que se solicite a subvención sexa coincidente con algunha das finalidades recollidas na Base 3 da presente convocatoria.
  3. Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social. Na solicitude de subvención o interesado autoriza ao Concello para consultar o cumprimento deste apartado. De non facelo, deberá o interesado achegar as certificacións acreditativas oportunas. De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o Concello da Coruña, e sempre que tecnicamente sexa posible, solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o propio Concello da Coruña, para verificar o cumprimento deste apartado. Con todo, a persoa solicitante ou o seu representante poderán opoñerse expresamente á consulta ou obtención da documentación sinalada, debendo neste caso, presentar a documentación acreditativa nos termos previstos regulamentariamente, achegando as certificacións acreditativas oportunas.
  4. Se a actividade para a que se solicita a subvención ten como suxeitos a menores de idade, deberá presentarse unha declaración responsable de que todo o persoal (incluído o voluntario) encargado de realizar tales actividades que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor (segundo redacción dada polo n.º 5 do artigo 13 introducido polo apartado oito do artigo primeiro da Lei 26/2015, de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (B.O.E. 29 xullo), e no artigo 8.4 da Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado. A declaración responsable requirida estará incluída no propio formulario de solicitude que será asinado polo presidente e o/a secretario/a da entidade.
  5. Os demais contemplados na Ordenanza Xeral de Subvencións da área de Benestar do Concello da Coruña e na Lei Xeral de Subvencións.

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Deportes.

Máis información:

Tipos de actividades subvencionadas:

  • Tipo 1 e 1.1.- Actividade Deportiva.
  • Tipo 2.- Actividade física ou deporte para todos.
  • Tipo 3.- Campamentos ou campus.
  • Tipo 4.- Actividades de natureza diversa relacionadas co Deporte.
  • Tipo 5.- Actividades deportivas de carácter extraordinario.

Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de tres (3) subvencións de entre o total de tipos enumerados na Base 3. Por tanto, só poderán subvencionarse tres (3) actividades distintas dunha mesma entidade. As actividades solicitadas poden ser dun único tipo dos enumerados na Base 3 ou tipos distintos, sen superar en ningún caso o número máximo de 3 actividades.

No caso de que a entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) por parte da Concellería de Deportes ou dun ente colaborador, terá dereito a solicitar entre 1 e 3 subvencións segundo o importe do seu convenio.

O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80% do total do mesmo. Establécese un importe máximo a solicitar de 4.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 2 e 4, de 6.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 1 e 3, e de 10.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 5.

Pode acceder á publicación da bases no BOP num 226 de 29 de novembro de 2022.

Presentación

Prazo de presentación:

Prazo de 20 días naturais para presentar a instancia. Do día 30 de novembro ao 19 de decembro, ambos inclusive

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica debidamente cuberta
  • Impreso de presentación de solicitude de xustificación .
  • Memoria da actividade para a que se pide subvención (1 por actividade)
  • Memoria complementaria da actividade para a que se pide subvención (1 por actividade)
  • Orzamento de Ingresos e Gastos segundo modelo (1 por actividade)
  • Estatutos da entidade, en caso de non estar inscrita no REMAC
  • Copia NIF: copia NIF de acódea representante
  • Certificación cargos representativos e domicilio social, en caso de non estar inscrita no REMAC
  • Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
  • Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
  • Certificado Tesourería Municipal: Certificado de non ter débedas coa Tesourería Municipal, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
  • Certificación datos bancarios: Certificación dos datos bancarios, só en caso de modificación.

Documentos relacionados

  • Solicitude específica Subvención deportes 2022 (302 KB)
  • Xustificación da subvención de deportes 2022 (1 MB)
  • Memoria complementaria actividades Tipo 1. Subvención Deportes_2022 (131 KB)
  • Memoria complementaria actividades Tipo 2. Subvención Deportes_2022 (341 KB)
  • Memoria complementaria actividades Tipo 3. Subvención Deportes_2022 (541 KB)
  • Memoria complementaria actividades Tipo 4. Subvención Deportes._2022 (362 KB)
  • Memoria complementaria actividades Tipo 5. Subvención Deportes._2022 (194 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado anterior: "Documentación necesaria".

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a suvbención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=942

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou achega de documentos interromperá o citado prazo.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

O prazo de presentación de correccións será de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación.

En caso de optar pola corrección telemática, deberá facerse mediante o trámite de Achega de documentación dispoñible nesta sede.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión