AIP
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Contratación pública, Suxerencias, queixas, denuncias e información aos cidadáns
Sector público, Trámites e xestións
Concello da Coruña
Si
Solicitude de acceso á información pública.
Tal e como establece o preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, "a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixes fundamentais de toda acción política".
Por iso, complementando a información pública que estará de forma permanente e accesible, ponse a disposición das persoas interesadas a Solicitude de acceso á información relativa ao presente órgano.
A Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos estableceu o dereito da cidadanía para relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Posteriormente esta lei foi derrogada pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que ademais a actualizou.
A existencia de documentos nun arquivo electrónico facilita a transparencia pois permite ofrecer información puntual, áxil e actualizada aos interesados.
O Concello da Coruña, a través da súa Sede electrónica, incorporou o trámite electrónico de "Acceso á información pública" que recolle tanto a instrución municipal como a propia lei.
Na sede electrónica municipal ofrécese información relativa ao exercicio deste dereito de acceso, forma, prazos de tramitación e órganos competentes para resolver as ditas solicitudes.
Acceso á información pública
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar o acceso a información pública.
Ningún
Titular da tenencia de alcaldía ou concellería da que dependa a área que ten asignadas as funcións ás que se refire a información solicitada.
O órgano xestor será o da área que ten asignadas as funcións ás que se refire a información solicitada. Se son varias, a que teña a parte principal.
Normativas relacionadas
Sen prazo
Documentos relacionados
Consultar a apartado "Documentación necesaria".
Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude, que tamén se poderá descargar desde esta páxina.
Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
1 mes, poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo da notificación previa á persoa solicitante.
Desestimatorio
Recursos posibles:
Causas de inadmisión:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible