AQSYR
Telefónico, Presencial, Telemático
Tramitación electrónica
Suxerencias, queixas, denuncias e información aos cidadáns
Sociedade e benestar, Poboación e comunidades
Concello da Coruña
Si
Utilice este procedemento para formular queixas ou suxestións relacionadas co funcionamento dos servizos municipais.
Tamén para comunicarnos incidencias ou avisos que teñan que solucionar os servizos de mantemento municipais.
Os avisos, queixas, suxestións e reclamacións distribúense internamente á unidade con competencias sobre o devandito servizo e, se é o caso, as decisións adoptadas pola devandita unidade comunícanse á persoa interesada.
Suxestións e reclamacións
Calquera persoa física ou xurídica interesada que cumpra os requisitos indicados.
Persoa física
Habitantes do termo municipal que estean empadroados/as no municipio. Quen, non estando empadroado/a, teña establecidas unha ou varias relacións tributarias periódicas co concello.
Persoa xurídica
As entidades que teñan establecemento permanente no municipio.
Excepcións
No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, poderase formular a suxestión ou reclamación, pero non será obrigatoria a contestación á persoa interesada.
Ningún
Quen teña a competencia sobre o asunto
Normativas relacionadas
Presentándose en calquera oficina de rexistro, solicitando, se o considera necesario, a correspondente cita previa.
Non é necesario certifcado nin autenticación.
Accedendo ao formulario web e cubrindo os datos solicitados.
Chamando ao teléfono 010 (981 920 010 desde fóra do termo municipal da Coruña), e facilitando os datos que se lle soliciten.
Resposta
90 días para comunicar o resultado, sempre que se cumpran os requisitos establecidos.
Non procede
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible