Concello da Coruña

Concello da Coruña

Documentación de gran tamaño

Á hora de presentar documentación a través do Rexistro electrónico e se necesita achegar documentación de gran tamaño, deberá comprobar primeiro o tamaño total do conxunto de documentos que necesite achegar.

Se o tamaño total é inferior a 50 MB, e non hai ningún arquivo que supere os 30 Mb ...

... pode achegar todos os documentos á solicitude.

Se o tamaño total é superior a 50 MB, e hai algún arquivo maior de 30 MB ...

... siga os seguintes pasos:

  • Separe os arquivos de máis de 30 MB e entregue a solicitude (obrigatorio para as persoas que segundo o artigo 14 Lei 39/2015 teñan a obrigación de relacionarse electronicamente coa administración) achegando os documentos ou arquivos que, en conxunto, pesen menos de 50Mb.
  • Agrupe o resto en subconxuntos de arquivos que non superen os 50 MB, sempre lembrando que ningún individualmente debe superar os 30 Mb.
  • Utilice o Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente indicando na solicitude:
    • Achega de documentación separada da solicitude do trámite que está a realizar e o número do expediente ou o número de rexistro que obtivo ao presentar a solicitude telematicamente.
    • E achegue cada subconxunto de arquivos con peso menor de 50 Mb.
  • Repita o trámite de achegar documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos.

Se aínda así, algún arquivo supera individualmente os 30 MB...

  • Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
  • Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada presencialmente.
  • Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
  • Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico - CD, DVD, USB - , en calquera das oficinas de rexistro

Ao final de cada presentación descargue o xustificante de presentación de cada solicitude. Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal A miña sede.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión