Ten varias opcións segundo o sistema operativo que utilice:
Para Windows 10 e Windows 7
Sitúese na ventá onde lle deu o erro.
Para realizar unha captura da pantalla completa, pulse o botón Imprimir pantalla (tamén pode estar etiquetado como Impr pant ou PrtScrn) do teclado. Pode estar preto da parte superior, á dereita de todas as teclas F (F1, F2 etc.) e a miúdo en liña coas teclas de frecha.
Para realizar unha instantánea só do programa que está activo, manteña pulsado o botón Alt (situado en calquera dos lados da barra espaciadora) e, a continuación, pulse o botón Imprimir pantalla.
Para realizar un recorte concreto escriba "recorte e anotación" no buscador de Windows e a continuación pulse novo recorte e utilice o punteiro do rato para tomar o recorte que desexe. Cópieo e xa o pode pegar onde desexe utilizando as teclas "control" e "v" (documento de Word ou outro).
Para Mac OS X
Realizar unha captura de pantalla da pantalla completa
Sitúese na ventá onde lle deu o erro.
No teclado, pulse Comando-Mayús-3
Realízase a captura de pantalla e gárdase como un arquivo no escritorio.
Realizar unha captura de pantalla dunha parte da pantalla
No teclado, pulse Comando-Mayús-4 e, a continuación, arrastre o punteiro en forma de cruz para seleccionar a área que se vai capturar.
Cando estea preparado para realizar unha captura de pantalla, solte o botón do rato e as teclas e realízase a captura de pantalla e gárdase como un arquivo no escritorio.
Cópieo e xa o pode pegar onde desexe utilizando as teclas "control" e "v".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible