ACOMPOL
Telemático, Presencial
Tramitación electrónica
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Transporte
Policía Local, Extinción de Incendios, Salvamento e Protección Civil
Si
Acompañamento policial en vías urbanas para vehículos de grandes dimensións.
O obxecto deste procedemento é tramitar o acompañamento policial aos vehículos de grandes dimensións, xa que en ocasións teñen dificultades para desprazarse polas vías urbanas, e que existen problemas en múltiples ocasións con vehículos estacionados en dobre fila ou problemas de xiro en vías estreitas.
Acompañamento policial
Persoas físicas e xurídicas que necesiten acompañamento policial para vehículos de grandes dimensións nos seus desprazamentos por vías urbanas.
Suxeito a taxa en virtude da ordenanza fiscal número 2, por importe de 92,39 euros segundo a ordenanza deste ano fiscal.
Titular do Departamento de Mobilidade, Sección Transportes.
O Departamento de Mobilidade, verifica se o vehículo que se vai a acompañar pola Policía Local dispón da documentación en regra nese caso remite informe favorable á Policía Local, que é a encargada de fixar o día, a hora e a ruta pola que se realizará o acompañamento.
Normativas relacionadas
O interesado deberá presentar con antelación suficiente, polo menos 72 horas, a seguinte documentación:
Se o vehículo cumpre cos requisitos establecidos na normativa de aplicación, o funcionario responsable da Dependencia competente emitirá informe favorable á realización do acompañamento policial, que terá a consideración de título habilitante para circular pola Cidade na data sinalada. Será competencia da Policía local sinalar o día, hora e ruta que mellor conveña.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible