Concello da Coruña

Concello da Coruña

AMEEA

Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación

Órgano responsable:

Vivenda e Rehabilitación

Vixente:

Si

Ten por obxecto a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva para mellorar a eficiencia enerxética e ao accesibilidade en edificios, e outras de conservación en edificios de vivendas cunha antigüidade maior a 50 anos, a través das seguintes actuacións:

Serán subvencionables os seguintes tipos de obra:

  1. Obras de mellora de eficiencia enerxética que permitan alcanzar unha redución da demanda enerxética anual global do inmoble de polo menos un 25% sobre a situación previa á actuación.
  2. Obras de accesibilidade nas seguintes circunstancias:
  • Obras que afecten os elementos comúns en edificios de vivenda colectiva coa finalidade de dispoñer un percorrido completamente accesible desde o acceso do edificio desde a vía pública ata cada unha das súas vivendas.
  • En virtude das características estruturais e construtivas do edificio, así como do seu nivel de protección, tamén poderán ser obxecto de axuda aquelas que, sen alcanzar o devandito grao de accesibilidade completa, se permitan polo menos alcanzar os axustes razoables definidos no artigo 2 da Ordenanza municipal reguladora.
  • Obras que afecten o interior das vivendas nas que residan persoas con mobilidade reducida destinadas a dotalas dun programa mínimo dunha estancia, cociña, baño e corredor que os comunique coas condicións de adaptadas establecidas no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras da CAG, ou norma que o substitúa, e no documento de seguridade de utilización e accesibilidade DB-SUA.
  • Obras que afecten o interior das vivendas nas que residan persoas maiores de 70 anos, destinadas a mellorar as súas condicións básicas de accesibilidade en baños, cociñas ou elementos de comunicación.
  1. Obras de conservación dos edificios de uso residencial de vivenda colectiva con máis de 50 anos de antigüidade, nos termos establecidos no artigo 135.1. c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ou norma que a substitúa, cuxa execución permita a posterior emisión dun informe favorable de avaliación do edificio nos termos establecidos na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia, e normas que o desenvolven.

Axudas para a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas 2021

Inscricións:

Dende o 16/12/2019 ata o 15/02/2021

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

As Comunidades de Propietarios e cada un dos propietarios en proporción á súa cota de participación no inmoble nas obras sobre os elementos comúns do edificio.

O propietario ou o ocupante con autorización deste, nas obras en vivendas.

Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado cando se destine ao seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou a vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinada a alugueiro protexido.

Requisitos:

Achegar a documetación requirida

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

A Xunta de Goberno Local, ou o Concelleiro delegado da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade cando a subvención teña un importe de ata sesenta mil euros (60.000,00 €).

Máis información:

Contía das subvencións:

O importe máximo das axudas establecerase segundo o indicado no artigo 8º da Ordenanza Municipal Reguladora.

Custo subvencionable

O custo subvencionable é o custo das obras, que non poderá superar os custos medios de mercado. Incluirán tamén os honorarios profesionais técnicos e administrativos que interveñan. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos taxas e tributos.

Criterios de valoración das solicitudes

  • Para as solicitudes referidas a obras de mellora de eficiencia enerxética:
    • Clasificaranse en primeiro lugar as actuacións sobre elementos comúns de edificios de vivendas, en virtude da maior redución de consumo de enerxía primaria que se produza como consecuencia das obras, e o maior número de vivendas afectadas por elas.
    • Clasificaranse en segundo lugar as actuacións sobre vivendas independentes, en virtude da maior redución de consumo de enerxía primaria que se produza como consecuencia das obras. En ambos os casos, o cálculo da redución realizarase mediante comparación do consumo de enerxía primaria que se estableza nos certificados de eficiencia enerxética que deben achegarse coa solicitude.
  • Para as solicitudes referidas a obras de accesibilidade en elementos comúns en edificios de vivenda colectiva:
    • Clasificaranse en primeiro lugar as obras cuxa finalidade principal sexa a instalación de novos ascensores, ampliación dos seus percorridos para suprimir tramos de escaleiras, ou adaptación de percorridos accesibles ata eles, en edificios nos que residan persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada.
    • Clasificaranse en segundo lugar as restantes obras cuxa finalidade principal sexa a instalación de novos ascensores, ampliación dos seus percorridos para suprimir tramos de escaleiras, ou adaptación de percorridos accesibles ata eles.
    • Clasificaranse en terceiro lugar as obras de renovación de ascensores sen modificación do seu percorrido, ou de implantación doutras medidas complementarias de accesibilidade, en edificios nos que residan persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada.
    • Clasificaranse en cuarto lugar as restantes obras de renovación de ascensores sen modificación do seu percorrido, ou de implantación doutras medidas complementarias de accesibilidade.

Presentación

Documentación necesaria:

Documentación xeral:

Solicitude: Solicitude de concesión de axuda. (MODELO 01 "Instancia de Solicitude": cubrir e achegar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telematicamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web).

Declaración responsable (MODELO 02): Declaración responsable e autorización/non oposición a consulta de datos, pola propiedade do inmoble ou o seu representante no caso de comunidades de propietarios/bens. (MODELO 02: cubrir e achegar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telematicamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web)

Declaración responsable e autorización datos fiscais (MODELO 03): Declaración responsable e autorización/non oposición a consulta de datos, das persoas que fagan parte de comunidades de propietarios/bens (MODELO 03).

Certificados de estar ao corrente : Certificados de estar ao corrente das obrigas fronte á Seguridade Social e/ou a Axencia Tributaria e o Concello da Coruña, no caso daquelas persoas que se opoñan ou non autoricen ditas consultas polo órgano instrutor.

Certificado bancario: Certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta IBAN a nome da persoa beneficiaria.

Nota simple Rexistro dá propiedade: Notas simples informativas do Rexistro da Propiedade nas que figure a actual propiedade de todos os inmobles para os que se solicite subvención, ou xustificante emitido polo Rexistro da Propiedade de solicitar a súa inscrición.

Documento identificativo DNI/NIF: DNI/NIE/CIF da persoa solicitante, e da persoa representante cando sexa necesario

Documentación acreditativa domicilio habitual: Documentación acreditativa de constituír domicilio habitual das vivendas que non estean habitadas polos seus propietarios, a efectos de acreditar o cumprimento do artigo 3.3 da Ordenanza Municipal Reguladora

Documentación xeral técnica:

Memoria técnica: No caso de non estar recolleito na documentación da licenza deberase presentar unha memoria técnica coa descrición das obras para realizar, fotografías do estado actual e xustificación da necesidade rehabilitadora.

Orzamentos: Orzamento aprobado da obra elaborado por empresa/s contratista/s, desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios.

Orzamentos comparativos: Orzamentos comparativos. Cando o orzamento ascenda a unha cantidade maior de 40.000 € + IVE deberanse presentar como mínimo outros dous orzamentos comparables entre si e co orzamento elixido.

Memoria técnica xustificativa: Memoria técnica xustificativa cando o orzamento elixido non sexa o máis económico xustificándose a súa elección en base a criterios de eficiencia e enerxía.

Cadro resumo: Cadro resumo dos importes que formen parte do custo subvencionable da actuación.

Elementos comúns:

Documentos identificativos CIF: Documento acreditativo do CIF da Comunidade (no caso de representante debe acompañarse tamén o DNI/NIE)

Certificación acordo CP: Certificado do acordo da CP emitida pola secretaría, co seguinte contido:

  • Aprobación da acreditación de cargos e representante da comunidade
  • Aprobación da presentación da solicitude de subvención
  • Aprobación da autorización das obras
  • Aprobación da elección do orzamento elixido (nome da empresa ou empresas e cantidade)

Certificado porcentaxe participación: Certificado asinado pola secretaría da comunidade de propietarios, coa relación de propietarios (Nome, DNI, Piso/Local) e a porcentaxe de participación de cada vivenda no custo total da obra para a que se solicita a subvención.

Documentación acreditativa situación das persoas: Documentación acreditativa da situación das persoas (discapacidade, mobilidade, idade) e do seu domicilio habitual cando sexa necesario, a ter en conta na fase de clasificación das actuacións de accesibilidade.

Obras en vivendas:

Declaración responsable membros (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade familiar, e autorización de consulta de nivel de renda (MODELO 04)

Declaración da renda: Declaración da renda do exercicio anterior de cada titular e de todos os integrantes da unidade familiar ou na súa ausencia, certificado de imputación do IRPF emitido pola Axencia Tributaria, no caso daquelas persoas que non autoricen a súa solicitude polo órgano instrutor.

Autorización do propietario: Autorización do propietario do inmoble, no caso de que o solicitante da subvención non sexa o propietario.

Documentación acreditativa situación das persoas: Documentación acreditativa da situación das persoas (discapacidade, mobilidade, idade) e do seu domicilio habitual cando sexa necesario, a ter en conta na fase de clasificación das actuacións de accesibilidade

Axudas adicionais:

Declaración responsable membros (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade familiar, e autorización de consulta de nivel de renda (MODELO 04).

Declaración da renda: Declaración da renda do exercicio anterior de cada titular e de todos os integrantes da unidade familiar ou na súa ausencia, certificado de impu-tación do IRPF emitido pola Axencia Tributaria, no caso daquelas persoas que non autoricen a súa solicitude polo órgano instrutor.

Volante colectivo de empadronamento: Volante colectivo de empadroamento, no caso de estar empadroado noutro concello.

Documentación xustificativa

Xustificante execución obra (MODELO 05): Xustificación da execución da obra (MODELO 05).

Certificado final: Certificado fin de obra asinado polo técnico/a responsable. No caso de obras sen dirección técnica declaración responsable de executalas, asinada polo solicitante e a/empresa/s contratista/s.

Reportaxe fotográfica: Reportaxe fotográfica que recolla a totalidade das obras executadas, no caso de existir responsable técnico da súa execución, deberá vir asinada por el.

Memoria económica: Memoria económica xustificativa do custo das actuacións, co contido sinalado no artigo 7, apartado 6, da convocatoria.

Memoria técnica: Memoria técnica xustificativa de alcanzar os parámetros mínimos establecidos segundo a intervención proposta

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

No caso de que se tramite a solicitude de maneira presencial, deberase presentar obrigatoriamente a Instancia de Solicitude (Modelo 01), a Declaración responsable e autorización de consulta de datos (Modelo 02), a Declaración responsable e consulta de datos de persoas integrantes da Comunidade de Propietarios (Modelo 03) e a Declaración responsable dos membros da unidade familiar (Modelo 04). O Modelo 05 (Xustificación da execución da obra) só se presentará xunto coa solicitude se xa está finalizada a obra nese momento.

Como se fai?:

Os suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (vide apartado Onde se fai)

Internet

Que se necesita?:

No caso de que a solicitude se tramite electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede premendo o botón ENVIAR da lapela PRESENTACIÓN. Non será necesario achegar á solicitude os Modelos 01 (Instancia de solicitude) e Modelo 02 (Declaración responsable e autorización de consulta de datos), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1242

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses que se contarán desde o día seguinte a que finalice o prazo para presentar as solicitudes.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Corrección

Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial, e que se deberá achegar utilizando este trámite da Sede Achega de documentación

Xustificación

No seu momento haberá que xustificar o gasto efectivamente realizado. Esta xustificación realizarase a través deste trámite da sede (Xustificación execución obras Axudas para a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas)

Recursos

Contra a resolución que se dite, poderase interpoñer:

- Recurso potestativo de reposición

- Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión