As presentes bases e convocatoria elabóranse en desenvolvemento dos acordos subscritos o 26 de outubro de 2017 polo Ministerio de Fomento, a Consellaría de Infraestruturas e Vivenda (a través do Instituto Galego da Vivenda e o Solo, IGVS) e o Concello da Coruña, dentro do Plan Estatal de Vivenda 2013-2016, e a súa prórroga (PEV 2013-2016), que foron aprobados previamente pola Xunta de Goberno Local de 25 de agosto de 2017 e relativos ás áreas que se indican na base primeira.
30 de decembro de 2021
30 de decembro de 2021
Estas bases e convocatoria teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar as actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas dentro das seguintes áreas:
Estas actuacións encádranse nas determinacións dos acordos subscritos o 26 de outubro de 2017 no marco do PEV 2013-2016, e do convenio de colaboración previo entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a a súa execución, conforme co establecido no artigo 3 do PEV 2013-2016 e no artigo 2 da Orde do 23 de xuño de 2017 do IGVS.
O Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana está regulado nos artigos 25 a 30 do PEV 2013-2016, e as bases reguladoras das axudas previstas neste programa están recollidas na Orde do 23 de xuño de 2017 do IGVS (DOG 124, de 30.07.2017).
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible