Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bases reguladoras da convocatoria 2022 de bolsas municipais de comedor para o curso 2022/2023

Bases reguladoras da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022/2023.

Ámbito:

Local

  • Acordo da Xunta de Goberno Local do día 16-02-2022.
  • Publicación no BOP do día 23-02-2022.
  • Inicio do prazo: 02/03/2022

Data:

23 de febreiro de 2022

Fecha de publicación:

23 de febreiro de 2022

Páxina web:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/02/23/2022_0000000869.pdf

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS MUNICIPAIS PARA O PAGO DE COMEDORES ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2022/2023.

  1. - De conformidade coas competencias que atribúe aos concellos a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, así como a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, é obxecto desta convocatoria regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar ao alumnado empadroado no Concello da Coruña que acuda de maneira presencial ao mesmo.
  2. - Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2022/2023, así como os períodos non lectivos de nadal 2022 e verán do 2023.
  3. - Para o goce das bolsas de comedor escolar será necesario en todo caso que a persoa beneficiaria teña asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal.
  4. - Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda de institucións públicas ou privadas para a mesma finalidade salvo coa concedida polo Ministerio de Educación para os menores con necesidades educativas especiais.

Documentos:

Convocatoria 2022 (912 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión