Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria específica de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.
O Concello da Coruña, dentro das súas competencias de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos etc, considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais que teñan o carácter de bolsas. En concreto, estas bolsas convócanse para apoiar a deportistas individuais coruñeses e coruñesas, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña. Con estas bolsas preténdense apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.
Bolsas deportivas para deportistas individuais 2020
Inscricións:
Dende o 04/07/2020 ata o 23/07/2020
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Persoas físicas que desexen ser beneficiarios dalgunha modalidade de bolsa deportiva para deportistas individuais.
Requisitos:
Poderán ser beneficiarios das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federados, de calquera categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual, empadroados no Concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2 anos anteriores ao ano en que se realice a solicitude
* Prazo de xustificación ata o 31 de xaneiro de 2021 a través do seguinte procedemento.
Documentación necesaria:
Solicitude.
Solicitude específica debidamente cuberta
Licenza federativa vixente: Copia compulsada da licenza federativa vixente expedida pola Federación Deportiva correspondente acreditativa da modalidade deportiva para a que solicita subvención.
Certificado resultados deportivos: Certificado federativo acreditativo dos resultados deportivos obtidos durante o ano 2019
Certificado non cumprimento sanciones: Certificado acreditativo da Federación deportiva correspondente no que se acredite que o solicitante non está a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave
Proxecto deportivo: Proxecto deportivo para a tempada 2020
Empadroamento: Certificado de empadroamento
DNI: DNI da persoa deportista, ou do seu representante legal, en caso de ser menor de idade.
Certificación bancaria: Certificación dos datos bancarios de/ao beneficiario/a de a subvención (orixinal expedido pola entidade bancaria)
Certificado Seguridade Social: Certificado de non débedas coa Seguridade Social
Certificado Axencia Tributaria: Certificado de non débedas coa Axencia Tributaria
Certificado Tesourería Municipal: Certificado de non débedas coa Tesourería Municipal
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Consultar o apartado anterior: "Documentación necesaria".
Tres meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou a presentación de documentos interromperá o citado prazo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible