Concello da Coruña

Concello da Coruña

BTX

Bono taxi

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte, Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Tramitación de axudas económicas, de carácter individual, para persoas cunha discapacidade que lle afecte gravemente á súa mobilidade e esta lle impida utilizar os transportes públicos colectivos, coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxi para os seus desprazamentos.

Bono Taxi convocatoria 2023

Inscricións:

Dende o 17/11/2022 ata o 16/12/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas cunha discapacidade que lles afecte gravemente a súa mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.

Requisitos:

Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria das subvencións as persoas con discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia, ou Administración competente, que afecte gravemente a mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos. Esta condición debe quedar acreditada no documento administrativo que certifique a discapacidade.

As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 3 anos.
  2. Residir no Concello da Coruña e constar como empadroado/a.
  3. Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante unha resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade lle afecta gravemente á súa mobilidade e lles impida utilizar os transportes públicos colectivos.
  4. No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
  5. Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular dun vehículo.
  6. Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido nas bases reguladoras da convocatoria, superior ao 210% do IPREM vixente no ano 2023.
  7. Estar ao corrente coas súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e co Concello da Coruña, os seus organismos autónomos e entidades de dereito público dependentes del.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de cento cincuenta e seis mil euros (156.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.480.06.

O importe global dividirase a partes iguais entre todas as persoas solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe de 1.000,00 €, incluídos, se é o caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentarias.

Presentación

Prazo de presentación:

Prazos de presentación da solicitude: do 17 de novembro ao 16 de decembro 2022, ambos incluídos (17.11.2022 a 16.12.2022).

A solicitude de subvención presentarase no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP núm. 217, do 16 de novembro de 2022). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da devandita convocatoria. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo termina o último día do mes.

Documentación necesaria:

Solicitude:

Modelo normalizado de solicitude dispoñible nesta sede electrónica (modelo 124) que hai que cubrir obrigatoriamente.

As persoas solicitantes en caso de non autorizar expresamente a consulta a algún dos apartados estipulados na solicitude específica (modelo normalizado 124) deberán presentar:

  • Documento nacional de identidade, pasaporte ou tarxeta de identificación de estranxeiro da persoa solicitante e dos membros da unidade de convivencia. Só en caso de non autorizar a consulta.
  • Certificado de discapacidade: Certificado de discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración equivalente no que conste que esta afecta gravemente á súa mobilidade e que lles impida a utilización do transporte público colectivo (solicitante). Só en caso de non autorizar a consulta.
  • Certificado de prestacións: titularidade de prestacións económicas do INSS e/ou SEPE-INEM (todos os membros da unidade de convivencia). Só en caso de non autorizar a consulta.
  • Información tributaria: información tributaria da AEAT, correspondente ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do exercicio 2021 (todos os membros da unidade de convivencia). Só en caso de non autorizar expresamente a consulta.
  • Débeda coa Seguridade Social: Certificación de débedas pendentes de pago coa Seguridade Social (solicitante). 
  • Débeda AEAT: Certificación de débedas pendentes de pago coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (solicitante). Só en caso de non autorizar expresamente a consulta.
  • Débeda co Concello: Certificación de débedas pendentes de pago co Concello da Coruña (solicitante). Só en caso de non autorizar expresamente a consulta.
  • Certificación da Dirección Xeral de Tráfico: certificación de non titularidade de vehículos de tracción mecánica (solicitantes maiores de idade). Só en caso de non autorizar expresamente a consulta.

Documentos relacionados

  • Mod 124 Solicitude de bono taxi (156 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será devolta tras ser escaneada.

Internet

Que se necesita?:

e-DNI ou certificado electrónico

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar o modelo 124 debidamente cuberto, e a documentación solicitada en caso de non autorizar expresamente ao concello para a consulta de datos doutras administracións, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1282

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de seis meses, que se contarán a partir da data de publicación da convocatoria.

Sentido do silencio administrativo:

Sentido do silencio desestimatorio

E despois?:

Os bonos-taxis serán entregados en soporte papel, polo importe total da axuda concedida, e con importes de 0,50 €, 1,00 € e 3,00 €.

Poderán utilizarse desde o momento da entrega ata o 31 de decembro de 2023.

As axudas para transporte en taxi son persoais e intransferibles. Para favorecer o control das axudas:

- As persoas beneficiarias deberán facer constar a súa firma no bono-taxi.

- Os bonos-taxis seranlles entregados pola persoa beneficiaria da axuda á persoa titular do taxi e deberán ademais exhibir o seu documento oficial de identificación.

A persoa beneficiaria da axuda deberá aboar o importe restante ata a totalidade servizo, resultante da diferenza entre o valor dos bonos utilizados e o importe total facturado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión