Concello da Coruña

Concello da Coruña

PEV

Cambio de titularidade de instalacións funerarias

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Rexistros e censos

Materia:

Saúde

Órgano responsable:

Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns

Vixente:

Si

Os cemiterios municipais teñen por finalidade a inhumación de cadáveres, restos cadavéricos e cinzas do municipio.

A actualización da titularidade de cada unha das instalacións funerarias (nichos, panteóns, sepulturas, cinceiros...) dos tres cemiterios municipais (San Amaro, Santa María de Oza e Santa Cecilia de Feans) posibilita a súa utilización, xa que soamente os titulares vivos poden acceder ao seu uso.

Cambio de titularidade de instalacións funerarias

Inscricións:

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica: Solicitude específica debidamente cumprimentada.
  • Certificación defunción: Certificación de defunción do titular.
  • Certificación últimas vontades: Certificación de últimas vontades do mesmo.
  • Copia do testamento: Copia do testamento se o outorgase ou, na súa falta, declaración de herdeiros abintestato .
  • Escritura Notarial de aceptación: Escritura notarial de aceptación da herdanza.
  • Comprobante de abono de taxas: Comprobante do abono das taxas fixadas para os cambios de titularidade fixados na ordenanza fiscal número 9.
  • Escritura notarial de renuncia: Se o cambio de titularidade non fose por herdanza, senón por renuncia ou cesión gratuíta de dereitos, haberá de achegarse escritura notarial desa renuncia ou cesión gratuíta, acompañada dos comprobantes de abono, que neste caso tamén se fixan na ordenanza fiscal número 9.

Documentos relacionados

  • mod 031 cambio de titularidade nos cemiterios municipais (73 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén se pode descargar desde esta páxina.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Como se fai?:

  • As solicitudes para o cambio de titularidade de instalacións funerarias poderán presentarse en calquera dos rexistros do Concello da Coruña e polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión