Ten por obxecto defender os montes ou terreos forestais fronte aos incendios e protexer ás persoas e os bens afectados polos mesmos, promovendo a adopción dunha política activa de prevención coordinada de todas as administracións públicas de acordo coa lexislación galega en materia de emerxencias, baseada en:
a) Actuar nos montes e áreas lindeiros mediante os tratamentos adecuados da biomasa vexetal.
b) Compatibilizar e regular os aproveitamentos e transformacións do monte e zonas agrarias lindeiras coa finalidade de evitar os incendios.
c) Establecer as condicións para a protección dos asentamentos rurais respecto dos incendios forestais, no marco dunha política integral de desenvolvemento rural.
d) Regular a redacción dos diferentes plans de prevención e defensa e a coordinación entre as distintas administracións.
Autonómica
2 de outubro de 2015
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-10022&p=20191227&tn=6
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible