O obxecto desta lei é promover e coordinar o deporte na Comunidade Autónoma de Galicia, así como ordenar o seu réxime xurídico e a súa organización institucional, de acordo coas competencias que o Estatuto de autonomía e o resto do ordenamento xurídico atribúen á Comunidade Autónoma de Galicia
Autonómico
13 de abril de 2012
A lei ten por obxecto establecer un marco xeral de desenvolvemento e organización da actividade física e deportiva de carácter integral no que se considera o deporte no seu conxunto, sen prexuízo das diferenzas na forma e na responsabilidade do tratamento.
Desta forma pódese dicir que o que a norma regula é o conxunto das actividades físicas e deportivas e a forma na que estas se deben realizar, así como a organización administrativa que debe dar o servizo e debe impulsar a competencia autonómica na materia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible