Esta lei ten por obxecto regular o tráfico, a circulación de vehículos a motor e a seguridade viaria
Estatal
2 de outubro de 2015
Regula:
a) O exercicio das competencias que, de acordo coa Constitución Española e os estatutos de autonomía, corresponden en tales materias á Administración Xeral do Estado e ás comunidades autónomas que recibisen o traspaso de funcións e servizos nesta materia, así como a determinación das que corresponden en todo caso ás entidades locais.
b) As normas de circulación para os vehículos, así como as que por razón de seguridade viaria rexen para a circulación de peóns e animais polas vías de utilización xeral, establecéndose para ese efecto os dereitos e obrigacións dos usuarios das devanditas vías.
c) Os elementos de seguridade activa e pasiva e o seu réxime de utilización, así como as condicións técnicas dos vehículos e das actividades industriais que afectan de maneira directa á seguridade viaria.
d) Os criterios de sinalización das vías de utilización xeral.
e) As autorizacións que, para garantir a seguridade e fluidez da circulación, outorga a Administración con carácter previo á realización de actividades relacionadas coa circulación de vehículos, especialmente a motor, así como as medidas cautelares que adopte co mesmo fin.
f) As infraccións derivadas do incumprimento das normas establecidas e as sancións aplicables ás mesmas, así como o procedemento sancionador nesta materia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible