Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Admisión nas Escolas Infantís Municipais

Admisión nas Escolas Infantís Municipais

Inscricións:

Pechado

Dende o 26/03/2025 ata o 08/04/2025

Mediante este trámite presentaranse as solicitudes de inscrición nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2025-2026 (BOP Núm. 57 - 25 de marzo de 2025) e convocatorias extraordinarias adicionais

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Educación

Vixente:

Si

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares con fillas ou fillos en idade de se inscribir nas Escolas Infantís Municipais por primeira vez.

Máis información:

RELACIÓN DE PRAZAS VACANTES NA REIM

ESCOLA

0-1 ANOS

2025

1-2 ANOS

2024

2-3 ANOS

2023

TOTAL DE PRAZAS VACANTES

ARELA

16

23

21

60

MONTE ALTO

0

13

7

20

OS CATIVOS

16

13

21

50

LUÍS SEOANE

10

10

3

23

A CARACOLA

16

10

14

40

CARRICANTA

16

23

21

60

OS ROSALES

24

17

22

63

AGRA DO ORZÁN

16

11

15

42

TOTAL

114

120

124

358

Presentación

Documentación necesaria:

DOCUMENTACIÓN XERAL

  • Solicitude xeral: solicitude
  • Preinscrición en liña: xustificante de preinscrición en liña, asinado polas dúas persoas proxenitoras ou unha, en caso de familias monoparentais/monomarentais ou persoas proxenitoras que teñan a patria potestade en exclusiva (dispoñible nesta ligazón)
  • DNI/NIE: no caso de non autorizar a consulta na preinscrición en liña, copia do DNI/NIE das persoas proxenitoras.
  • Pasaporte ou certificado de rexistro de cidadán da UE: neste último caso deberase presentar xunto co documento de identidade do pais de orixe.
  • Libro de familia: Libro de familia, certificado de nacemento ou documento que acredite oficialmente a filiación do/a menor.
  • Certificado médico, en caso de non ter nacido o/a menor para quen se solicita a praza, indicando a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nado/a deberase acreditar no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
  • Separación ou divorcio: sentenza ou documentación acreditativa de conforme o/a menor está a cargo da persoa solicitante ou ben goza de custodia compartida.
  • Datos tributarios: no caso de non autorizar na prescrición en liña a consulta dos datos tributarios deberán achegar as declaracións da renda dos membros da unidade familiar correspondentes ao exercicio 2023.
  • Menores empadroados/as no concello da Coruña: no caso de non autorizar a consulta do padrón na preinscrición en liña, deberán achegar un certificado de padrón que acredite a residencia no Concello do/a solicitante con algunha das persoas proxenitoras.
  • Menores empadroados/as fóra do concello da Coruña: deberán presentar certificado de padrón onde se acredite que o/a menor reside con algunha das súas persoas proxenitoras.

PREFERENTE

  • Fillas/os de persoal empregado da escola: certificado do centro educativo
  • Irmás/irmáns de alumnas/os xa matriculadas/os para o curso 2025-2026: certificado da escola que o acredite
  • Para menores que se atopen nun contexto sociofamiliar de risco social e requiran unha intervención inmediata: informe técnico do sistema de servizos sociais
  • Para menores tutelados/as ou en situación de garda por parte da Administración autonómica: resolución administrativa da situación de garda/tutela expedido polo órgano competente da Administración autonómica.
  • Para fillos e fillas de mulleres que estean en centros de acollida ou sexan vítimas de violencia de xénero: a documentación acreditativa de unidades familiares vítimas de violencia de xénero, segundo o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

BAREMACIÓN

  • Familias monoparentais/monomarentais: certificado vixente expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
  • Discapacidade: no caso de non autorizar a consulta en liña do grao de discapacidade, certificado expedido por órgano competente, se é o caso, do grao de discapacidade do/a menor ou de calquera das persoas proxenitoras que convivan co menor.
  • Dependencia: resolución do recoñecemento do grao de dependencia do/a menor ou recoñecemento dalgunha medida de apoio para o exercicio da súa capacidade xurídica.
  • Necesidades educativas especiais: en caso de alumnado con necesidades educativas especiais, acreditación de tal circunstancia
  • Situación laboral: no caso de non autorizar a consulta na preinscrición en liña a documentación xustificativa da situación laboral das persoas proxenitoras ou titoras mediante o informe de vida laboral actualizado. En caso de traballadores/as por conta propia, aínda que autoricen a consulta teñen que achegar o recibo de pago da cota á Seguridade Social, ou da mutualidade do mes anterior ao período de solicitude.
  • Excedencia laboral: nos casos de excedencia laboral por coidado de fillos das persoas proxenitoras, ademais de autorizar a consulta na preinscrición en liña ou presentar o certificado vixente da vida laboral, deben presentar a documentación correspondente que acredite a data de finalización da excedencia. Para obter a puntuación na situación sociolaboral a data de finalización da excedencia deberá coincidir como máximo co mes de incorporación do/a neno/a na escola.
  • Titulo de familia numerosa: no caso de non autorizar a consulta na preinscrición en liña ou título vixente acreditativo da condición de familia numerosa expedido pola consellería competente da Administración autonómica.
  • Residentes doutros concellos que traballen no municipio da Coruña: deben acreditar un certificado de empresa no que conste que a persoa traballa nun centro con domicilio na Coruña.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)
  • Resultado do sorteo de 2025 (115 KB)

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    • Cubrir o impreso xeral de solicitude e demais documentación que proceda segundo o disposto no apartado de Documentación necesaria e, en todo caso, deberá achegar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.

    Como se fai?:

    • De forma presencial no Rexistro Xeral, mediante cita previa que poderá solicitar na ligazón. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
    • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
    • Nos demais supostos recollidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Internet

    Internet

    Que se necesita?:

    Deberá dispoñer de certificado dixital.

    Unha vez que se cubra a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria" e entre os que deberá figurar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.

    No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

    Como se fai?:

    A través desta Sede electrónica municipal.

    En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:

    a) As persoas xurídicas

    b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

    c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e as e os rexistradores da propiedade e mercantís.

    d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Despois

E despois?:

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS PARA O CURSO 2025-2026

PRAZO DE SOLICITUDE DE NOVOS INGRESOS

Do 26 de marzo ao 8 de abril

PUBLIC. DAS LISTAS INCOMPLETAS E EXCLUÍDAS

5 de maio

PRAZO DE CORRECCIÓN DA DOCUMENTACIÓN

Do 6 ao 19 de maio

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS/ EXCLUÍDAS/ESPERA

2 de xuño

PRAZO DE ALEGACIÓNS

Do 3 ao 16 de xuño

LISTAS DEFINITIVAS

23 de xuño

MATRÍCULA

Do 25 ao 30 de xuño

INICIO DO CURSO

5 de setembro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible